Ricardo Varela invita a dimitir a Núñez Feijóo nunha comida celebrada onte en A Pastoriza

Ricardo Varela invita a dimitir a Núñez Feijóo nunha comida celebrada onte en A Pastoriza

09 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O vicesecretario xeral dos socialistas galegos e número 1 pola provincia de Lugo, Ricardo Varela, protagonizou onte unha comida con simpatizantes e afiliados do PSdeG no Concello de A Pastoriza. A situación que envolve ao P

Ricardo Varela fixo referencia á caída forzada de Luis Carrera ao establecer que “na provincia de Ourense o señor Núñez Feijóo coloca a un candidato co encargo explícito de xestionar a economía de Galicia no próximo goberno e di textualmente ‘quero poñer o diñeiro dos galegos nas mellores mans’. Estas mans eran as do señor Carrera, candidato do PP por Ourense, o cal depositaba os seus cartos, por comisións aínda pouco coñecidas, nas illas Caimán”.

O actual conselleiro de traballo tampouco quixo deixar de falar do suposto enfrontamento existente entre os membros do PP, comezando polo caso entre Baltar e Feijóo. “Baltar non estaba de acordo coa candidatura de Luis Carrera, polo que falamos de conflitos no PP de Ourense”, dixo Varela, que tamén opinou do PP de Lugo. “Barreiro practicamente non se fala con Feijóo ao impoñerlle a Raquel Arias como número 1 pola nosa provincia”, considerou.

O proceso contra ex-cargos do PP en Madrid, Valencia e Galicia, aberto polo xuíz Baltasar Garzón, formou parte da intervención do número un do PSdeG por Lugo. “En Pontevedra, un dos máis coñecidos membros do clan Casino de Pontevedra, do cal son membros Rajoy e Pastor, acaba de ser detido por delitos urbanísticos, pero non só iso, senón que tamén é coñecida a súa actividade de organización de actos, por certo cunha empresa Especial Event, que foi adxudicataria dun concurso da Xunta de Galicia en relación á campaña das vacas tolas”, considerou Varela, que pediu a Feijóo “que debe de aclarar si ese contrato que se lle concedeu a Especial Event no seu día foi subcontractada a outra empresa de Galicia que á súa vez está facendo a campaña do PP hoxe. Era bo que dese explicacións da súa relación coa xestión da súa campaña con esta empresa e con esta persoa detida”.

Ademais, continuou detallando os sucesos ocorridos ultimamente no seo do PP, o que “amosa a un Partido Popular en plena descomposición, cada día máis radicalizado en Galicia, nas súas actuacións, e un partido baixo sospeita”. Varela fixo referencias a Manuel Fraga, ao que calificou de “home moderno e centrista” en contraposición co “lado do PP que coñecemos hoxe liderado por Feijóo: escorado á dereita máis radical e cunhas políticas de crispación confrontación está tomando da súa propia medicina”.

Varela acusou a Feijóo de “mentir aos galegos ao dicir que non sabía nada da situación financeira económica de Carrera” cando asegurou que el tomara a decisión de destituílo como cabeza de lista. Para o líder socialista, tampouco dixo a verdade negando que coñecera a Pablo Crespo, xa que, segundo o conselleiro de traballo, “Núñez Feijóo, como conselleiro de ordenación do territorio, mantivo a Pablo Crespo como delegado seu no consello de administración de Portos de Galicia, sendo presidente de portos Carlos Negreira. Pablo Crespo tiña o voto delegado de Núñez Feijóo”.

Por último acusou de “corrupción” a todo o que “rodea ao PP e a Núñez Feijoo”, polo que instou ao presidente do PPdeG a “dimitir por enganar ao PP, aos seus militantes e aos cidadáns Galegos”.

Sociedade