Rinoceronte trae ao galego a novela máis vendida en lingua árabe

Rinoceronte trae ao galego a novela máis vendida en lingua árabe

14 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por

O edificio Yacoubian é unha construción esplendorosa mais decadente en pleno corazón da capital de Exipto. Nese lugar do Cairo crúzanse a diario todo tipo de personaxes, coas súas debilidades e soños. Entre eles, Taha, o fillo do conserxe que cae nos brazos do islamismo tras ver frustradas as súas aspiracións a policía; Zaki Bei, un vello aristócrata nostálxico doutros tempos; Hatem, o xornalista homosexual que se enfronta a un mun

Alaa Al Aswany (O Cairo, 1957) compaxina a literatura co exercicio da odontoloxía e co activismo a prol dos dereitos humanos. Membro fundador de Kefaya e intelectual de grande prestixio internacional, desempeñou un importante papel na oposición ao réxime político de Hosni Mubarak. Galardoado con premios internacionais, como o Bashrahil de novela árabe, o Cavafi ou o Grin¬zane Cavour, en 2007 publicou a novela Chicago, que describe a vida dos estudantes árabes nos Estados Unidos tras o 11-S.

Xunto con "O edificio Yacoubian", Rinoceronte edita estes días "O rei branco", de György Dragomán, envorcada ao galego dende o húngaro por Jairo Dorado. Dragomán (Târgu Mures, Transilvania, 1973) é un escritor e tradutor romanés de fala húngara. Trasladouse a Hungría coa súa familia cando tiña quince anos, e alí licenciouse en inglés e filosofía. No 2002 publicou a súa primeira novela, "Genesis undone", pero foi coa súa segunda obra, traducida a unha trintena de idiomas, coa que conseguiu un notable éxito internacional e o prestixioso premio Sándor Márai.

En "O rei branco", Djata, un neno de once anos, vive só coa súa nai na Romanía dos anos 80, despois de que requirisen a presenza do seu pai nun “centro de investigación” durante unhas semanas. O tempo pasa e o pai non volve, xa que en realidade foi internado nun campo de traballos forzados por opoñerse ao goberno.

Mentres, o neno vai medrando entre as pelexas cos outros rapaces, os xogos, a descuberta da sexualidade, as desilusións e o choque co mundo dos adultos, no contexto de represión e medo dun sistema totalitario que se esfarela. A través de 18 capítulos, ou relatos interconectados, Dragomán ofrece o retrato que un neno pinta dunha sociedade onde a violencia xera violencia, un fresco que combina o horripilante co humorístico.

Cultura