A riqueza cultural dunha sociedade máis tolerante e igualitaria

A riqueza cultural dunha sociedade máis tolerante e igualitaria

20 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A praza de Armas acollerá, mañá sábado, a celebración de Mundo Mestura, o IV Encontro da Diversidade promovido polo Concello de Ferrol da man das comunidades de inmigrantes radicadas na cidade. Será unha xornada para coñecer outras realidades a través da súa cultura e dunha oferta de ocio atractiva para nenos e maiores.O evento, que arrinca ás 12.00 horas na Praza de Armas, encádrase entre dúas dat

Será ás 11.00 horas cando se proceda á apertura dos stands das asociacións de inmigrantes, Comercio Xusto e da Área Municipal de Solidariedade participantes en Mundo Mestura. Estas son a Asociación Cultural E.P. Uruguai Galicia, Asociación de Ecuatorianos e Latinoamericanos Rumiñahui, Fundación Coprodeli, Solidariedade Internacional de Galicia e Mundo Cooperante -estas dúas últimas son ONGs que habitualmente colaboran co Concello de Ferrol neste tipo de encontros con carácter solidario-. Tamén estarán presentes representantes de países como Marrocos, Venezuela ou Cuba que, ao igual que os anteriores, amosarán nos seus postos unha gran variedade de produtos típicos dos seus países. Entre estes, e da man das ONGs, produtos de comercio xusto de distintos lugares do mundo como Tanzania, Etiopía ou Colombia.

Respecto ás actividades programadas neste IV Encontro da Diversidade Cultural, que nesta ocasión está organizado pola asociación Rumiñahui, estas desenvolveranse na Praza de Armas entre as 12.00 e as 14.00 horas, retomándose á tarde ás 17.00 horas (o peche de Mundo Mestura está previsto para as 22.30 horas). O calendario abrirase cunha actuación musical a cargo do Grupo Intercultural Lázaro Música Varios e Tecno Cumbia Pepe Amable. Pola tarde, a partires das 18.00 horas haberá unha actuación de música a cargo de Lázaro e ás 20.30 horas está prevista unha actuación de baile xeral con Pepe Amable. Non faltarán tampouco danzas tradicionais de Rusia e Hungría.

Sociedade