A ritmo de caracol

A ritmo de caracol
01 de Agosto, 2019 - 11:34 h. | Publicada por Radio Fene

A ritmo de caracol camiña o ferrocarril no golfo ártabro. E non parece que leve moita presa a modernización do trazado inaugurado en 1913. Na actualidade seis servizos ferrovíarios unen Ferrol coa Coruña. En sentido contrario ofrécense sete trens diarios. O traxecto prolóngase entre unha hora e cinco minutos e unha hora e vintesete minutos. O prezo oscila entre os 4,80 e os 15,40 euros.

Reclaman a modernización do tren

O Ministerio de Fomento quere suprimir o ramal de Infesta en Betanzos na liña Ferrol - A Coruña pero non parece que acometa ese traballo con moita presa. A UTE Fulcrum - Sers ten un prazo de dous anos para buscar a mellor solución cun orzamento de 220.000 euros. Ata o momento estudáronse tres opcións, dúas delas por Vixoi e unha terceira pola parte traseira do polígono de Piadela. Fomento sinala que se elixira finalmente a alternativa menos custosa e menos perxudicial para a veciñanza de Bergondo. O novo trazado da via férrea nesta zona permitirá aforrar doce minutos na viaxe por tren entre Ferrol e a Coruña.

Sociedade

Publica o teu comentario agora