Robótica e acoso escolar

Robótica e acoso escolar
11 de Febreiro, 2019 - 01:01 h. | Publicada por Radio Fene

Un obradoiro de robótica impartiuse en Fene nas últimas semanas dentro do programa Mocidade Activa. Participaron once rapaces e rapazas de entre 13 e 16 anos. Utilizáronse varios robots educativos e se practicou no seu manexo. Ana Díaz de Trainova explicou os contidos do curso en Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:
Mocidade activa

Tamén falaron da actividade a monitora Jessica Rodriguez e Martín Freire, Lucía Rodriguez, Miguel Rincón e Sergio Rodriguez. A iniciativa tamén propiciou a reflexión sobre a alimentación saudable, o acoso escolar, a igualdade de xénero, a seguridade on line e as adiccións. A Mocidade activa. Un obradoiro que se impartiu desde finais do pasado ano en Fene impulsado polo Concello de Fene coa axuda da Consellería de Sanidade.

Sociedade

Publica o teu comentario agora