Robótica para mozos e mozas

"Robótica para comarse o tarro" impártese no CCRD Perlío.
20 de Decembro, 2018 - 10:10 h. | Publicada por Radio Fene

Aínda queda algunha plaza libre para esta actividade gratuíta, co que os rapaces e rapazas de 13 a 16 anos interesados poden anotarse no Centro Municipal de Servizos Sociais. Celébrase ata o 2 de febreiro no CCRD de Perlío.

O curso “Robótica para comerse o tarro” que promove a Concellería de Benestar Social arrancaba a semana pasada no CCRD de Perlío. Unha actividade dirixida a rapaces e rapazas de entre 13 e 16 anos que se celebrará ata o 2 de febreiro e na que se abordarán materias como programación, minecraft, realidade aumentada, scratch, prototipos 3D, simulacións con robots ou novas tecnoloxías. O departamento municipalinforma de que queda algunha praza libre, polo que os mozos e mozas interesados aínda poden anotarse no no whatsapp 670 034 625 ou no Centro Municipal de Servizos Sociais –Avenida do Mar, bloque 1 San Valentín. A próxima sesión celebrarase este sábado, 22 de decembro, e as seguintes están programadas para o 29 deste mes; os sábados 12, 19 e 26 de xaneiro e o 2 de febreiro. En todos os casos, en horario de mañá –de 11,30 a 13 horas-.
O obradoiro inclúese no programa “Mocidade Activa” de prevención de condutas aditivas entre a mocidade que impulsan os concellos de Fene, Neda e Mugardos co apoio da Consellería de Sanidade.

Institucional

Publica o teu comentario agora