Rober Bodegas estrea o I Festival Malpica – Porto Alegre

Rober Bodegas estrea o I Festival Malpica – Porto Alegre

06 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

A dársena do porto de Malpica acolle a partir das oito desta tarde a primeira edición do Festival Malpica – Porto Alegre, organizado pola Asociación de Música Electrónica da comarca. A cita inaugurarase cunha gran sardiñada que dará paso ao monólogo de Rober Bodegas, para rematar cos concertos de formacións da zona de Berg

O sábado durante todo o día celebrarase un Campionato de Voley Praia e o festival contará tamén coa actuación do Mago Romarís e coa Concentración Galega de Vehículos Porsche. Pola noite a protagonista será a música electrónica con Dj´s & Eletrónica, Prompt 7 Noise Records, Electronic Operators, A.G.M. & Quintrix, Marcos Marra e Adri TS.

Segundo comentou en Radiofusión un dos organizadores do festival, Javier Lamas, o evento nace para dinamizar unha zona con moito gusto polo rock e a electrónica.

Cultura