Rock con carne

O Fene Rock rematará cun xantar popular no barrio de San Valentín, o domingo.
12 de Setembro, 2019 - 02:16 h. | Publicada por Radio Fene

O bo tempo, con temperaturas arredor dos 27º favorecen ao Fene Rock de San Valentín (Fene) esta fín de semana. As carpas xa están instaladas no paseo marítimo para acoller a milleiros de persoas.

ESCOITA O PODCAST:

Os augurios do tempo son unha sorte para os organizadores do Fene Rock que arranca mañá en San Valentín. Ás dez da noite empezarán os concertos, tanto o venres como o sabado.

A maiores do festival nocturno, o Fene Rock ofrécenos unha sesión vermut o sabado ás 13h con Los guardianes del rock, tres rapaces menores de 12 anos que repasarán os clásicos do rock; outra sesión vermut o domingo empezará ás duas da tarde con Rockers y Fredy. Todo acabará cun xantar popular o domingo 15, como agradecemento ao barrio, en palabras de Maikel Rodeiro.

Cada ano apréndese dos erros e o Fene Rock vaise perfeccionando. Baños químicos no recinto do festival, acampada na contorna e dúas barras para axilizar o servizo cando a xente ten sede. Os food trucks disporán de mesas para cear máis comodamente. Tamén os taxis achéganse ao recinto do festival.

O cartel do Fene Rock éncheno catro grupos por noite.

O venres abre ás 10 da noite Comandante Lobo. Dende Fene Sintrom ni son. Os madrileños King Sapo pegando moi forte e pechando o venres, a banda galega Ruxe Ruxe.

O sabado abren os ferroláns Oddy Lane, seguidos da mítica banda fenesa que cumple 30 anos, Amadeus. A banda madrileña Sôber que cumple 25 trae o seu rock alternativo. Para pechar o Fene Rock este ano están os portugueses Abaixo cu sistema, grupo tributo a The System of a Down.

Cultura

Publica o teu comentario agora