Rodrigo Leao & Cinema Ensemble, volven a España para presentar "A Mâe"

Rodrigo Leao & Cinema Ensemble, volven a España para presentar "A Mâe"

03 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Rodrigo Leao, un dos compositores portugueses contemporáneos máis recoñecidos tanto dentro como fóra do seu país volve a España da man do seu fiel Cinema Ensemble para presentar o seu novo álbum, "A Mâe". Un disco gravado en movemento, ao xeito dun caderno de viaxes, que nos trasportará a lugares máxicos como Goa, Nova Iorke, Italia ou a súa Lisboa natal.

Fundador de Madredeus, Rodrigo Leâo, volve cunha xira de 5 concertos nos que presentará o seu proxecto máis íntimo, "A Mâe" ( A nai).

Mentres que no seu traballo anterior, “Cinema”, acompañouse de figuras como Ryuichi Sakamoto ou Beth Gibbons de Portishead, no novo disco, xunto aos seus habituais Cinema Ensemble, conta coas colaboracións de Stuart Staples, de Tindersticks, Neil Hannon, de The Divine Comedy, ou do arxentino Daniel Melingo. Asemade gozou da participación da Sinfonieta de Lisboa.

 

XIRA RODRIGO LEAO Febreiro 2010:

19 febrero – Málaga – Teatro Echegaray 21:00

20 febrero – Vitoria/Gasteiz – Teatro Principal

21 febrero – Donostia – Teatro Victoria Eugenia 19:00

27 febrero – Santiago de Compostela – Auditorio de Galicia 21:00

30 abril - Segovia - Teatro Juan Bravo -

Sociedade