A romaría que acabou en traxedia

A romaría que acabou en traxedia

14 de Setembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un día de xolda rematou en funeral. O vindeiro luns cúmprese o aniversario da maior traxedia marítima de Ferrol. Unha lancha que volvía da romería de Santa Eufemia en Arteixo, afundíu na entrada da ría. A maioria dos que morreron eran mulleres e nenos.

O veciño de Barallobre Nicolás Bello patroneaba a lancha que afundiu na boca da ría á altura da moa do Segaño ás 5 da tarde do 16 de setembro de 1865. A néboa provocou o accidente, segundo a prensa da época, que cifra en 40 o número de persoas mortas. Salváronse 5 persoas. Morreron naquela data, ao menos 24 viciños de Fene, na súa maioria mulleres e nenos que non puideron alcanzar a costa, distante poucos metros da moa. Retornaban de Arteixo, a onde acudiran a participar na romería de Santa Eufemia. Nese evento celebrábanse soados aquelarres para “quitar o demo” a quen o levaba dentro. Os doentes ou “posesos” debían entrar na igrexa atados con cordas,  e os seus familiares obrigábanlles a botar pola boca, en forma de vómito, ao demo que levaban dentro. Todo o mundo berraba na igrexa de Arteixo blasfemias e obscenidades. Aos doentes esbrancuxados metiaselles a cabeza debaixo do manto de Santa Eufémia durante a procesión. O público berráballes: “Bótao fora, bótao fora”. Durante as predicacións do crego, os posesos insultaban ao sacerdote. Por iso, aos asistentes á romaria de Santa Eufemia, denominábaselles os “malfalados”.

Sociedade