Rompen o silencio as mulleres de Ferrol no 72

O libro de Ánxela Loureiro "Voces da memoria con ollos de muller" quere desvelar o papel das mulleres
02 de Abril, 2019 - 02:04 h. | Publicada por Radio Fene

Máis de 50 mulleres implicáronse no movemento obreiro dos anos 70 en Ferrol. Algunha padeceu cárcere, represión e todas silencio.

ESCOITA O PODCAST:

Ánxela Loureiro foi esta mañá a nosa convidada na Fenestra. Acudiu para para falarmos do libro que presentou recentemente en Ferrol e que rescata a memoria dun grupo de mulleres arredor dos acontecementos do 10 de marzo do 72, “Voces da memoria con ollos de muller”. Ánxela Loureiro tiña 16 años aquel 10 de marzo do 72, cando mataron a Amador e Daniel. Pai, tios e irmán traballaban na Bazan, así que o 9 de marzo sabía que ía haber problemas. O dia 10 descoñecía as consecuencias daquela movilización polo convenio.

Moitas mulleres non estaban en primeira liña de batalla pero traballaron igual desempeñando funcións que non saen nos libros. Ano e medio levoulle á mestra e escritora Ánxela Loureiro falar con todas elas. O resultado está neste “Voces da memoria con ollos de muller”. Podedes escoitar a entrevista a Loureiro aquí.

Sociedade

Publica o teu comentario agora