As rondallas cantan de novo en Ferrol

As rondallas cantan de novo en Ferrol

23 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Pasou a noite das Pepitas, o Dia de San Xosé, pero non se apaga en Ferrol a música típica desa xornada, as capas, as cintas, os laudes e as melodias que cantan á muller. A rondalla mugardesa, Estrelecer de Fene, Trovadores de Ares e Lucero del Alba de Neda acudirán o vindeiro sábado dia 28 ao Club de Suboficiais da Armada, no Montón en Ferrol.

As actuacións comezarán ás 19,30 horas. Permítese a asistencia de usuarios e invitados, segundo indicaron a Radiofusión desde o propio centro.

Sociedade