Rosalía de Castro e a memoria da choiva

Rosalía de Castro e a memoria da choiva

09 de Abril, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Versos, sangue, amor e odio enchen as páxinas de “A memoria da choiva”, unha novela de Pedro Feijoo que utiliza como fio conductor os poemas e aspectos da vida de Rosalía de Castro. Canto hai de verdade e canto responde á ficción?

Esa pregunta se formularon no club de lectura do Instituto de Ensino Secundario de Fene. A raiz do seu comentario cun grupo de profesores xurdiu a idea de organizar unha sesión con Francisco Rodriguez, experto na vida e na obra de Rosalía. Relatouno así en Radio Fene a coordenadora dos clubs de lectura do instituto Loly Lago. A sesión arredor de Rosalía de Castro e da “Memoria da choiva”, o martes ás catro e media da tarde no Instituto de Ensino Secundario de Fene.

Sociedade