Rosalía está feita unha moza

Rosalía está feita unha moza
16 de Maio, 2019 - 08:42 h. | Publicada por Radio Fene

Rosalía está feita unha moza, a pesar de ter cumprido os 182 anos, afirmou o presidente da Fundación Rosalía de Castro Anxo Angueira en Mugardos. O escritor participou na presentación do número tres da revista de estudos rosalianos Follas Novas. Tamén interviron no acto o director da revista Xosé Luis Axeitos, a colaboradora Anxos García Fonte e a alcaldesa de Mugardos Pilar Díaz.

ESCOITA O PODCAST:
Anxos García Fonte, Xosé Luis Axeitos, Pilar Díaz e Anxo Angueira

Neste número da revista incluese un artigo de Anxos García Fonte e de Henrique Sanfiz sobre o poema “Si a vernos Marica nantronte viñeras” e en torno a relación da autora de Cantares Gallegos coa festa do Seixo. Rosalia foi unha auténtica pioneira na defensa da igualdade da muller e da cultura galega, segundo Anxo Angueira quen reclamou a vixencia e vitalidade da súa obra. No acto tamén se falou do libro de banda deseñada Rosalía de festa, con textos de Anxos García Fonte e debuxos de Carlos Sardiña.

“E sófrese tanto nesta querida terra gallega. Libros enteiros poideran escribirse falando do eterno infortunio que afrixe os nosos aldeáns e mariñeiros, soia e verdadeira xente do traballo do noso pais. Vin e sentín as súas penas como si fosen miñas, mais o que me conmoveu sempre,e polo tanto non podía deixar de ter un eco na miña poesía, foron as inumerables coitas das nosas mulleres”.

Son palabras de Rosalía de Castro, publicadas no libro Escritos feministas.

Seguro que che interesa
Cultura

Publica o teu comentario agora