Rosalía no Seixo

Si a vernos Marica, nantronte viñeras,....
30 de Setembro, 2018 - 10:24 h. | Publicada por Radio Fene

Rosalía de Castro florece no Seixo e recende en toda Galicia, segundo se puxo de manifesto o sábado 29 de setembro nos actos de homenaxe á´autora de Cantares Gallegos. A alcaldesa de Mugardos PIlar Díaz descubreu unha placa cos versos que a escritora adicou á festa desta localidade. "Dicindo Rosalía, dicimos Galiza enteira. Ela foi a virxe do consolo para os emigrados, foi a santiña que sobreviviu ao franquismo e volve agora no noso tempo como adiantada do feminismo. Cada xeración trae unha nova Rosalía" afirmouse no acto, citando ao deseñador Pepe Barro.

Rosalía no Seixo

A alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz, foi a encargada de descubrir onte unha placa en recordo á escritora Rosalía de Castro, quen dedicou uns versos á localidade mugardesa do Seixo na súa famosa obra "Cantares Gallegos". Este só foi o primeiro acto dun programa ambicioso orientado a dar a coñecer yu pór en valor este capítulo un tanto esquecido da historia desta localidade. Henrique Sanfiz, Jorge Gómez, Miguel Rodríguez e Xan Carneiro son os impulsores desta inciativa que titularon "Rosalía de Castro e a fábrica dás mulleres", no que á marxe do descubrimento da placa inclúese tamén a edición dun libro e a posta en escena dunha peza teatral, entre outras actividades.
O vínculo que a autora de "Cantares Gallegos" co Seixo, segundo as investigacións dos impulsores da iniciativa inclúense na segunda edición do poemario, onde Rosalía refírese á festa do lugar. Os versos din: "Se a vernos, Marica, nantronte viñeras/á festa do Seixo na beira do mar/ ti riras, Marica, cal nuncate riches/ debaixo dous piñeiros do verde pinar". Foi no número 107 da Avenida do Seixo, onde se descubriu a placa, é o lugar no que se celebraba a festa orixinariamente, até o ano 1870, e á que fai alusión o poeta Rosalía de Castro no seu libro.
No acto de homenaxe á escritora estivo presente tamén, ademais dos membros da corporación e os impulsores do proxecto, o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira..
O historiador Henrique Sanfiz lembra que Rosalía coñeceu esta festa pola súa amizade cos propietarios da fábrica téxtil do Seixo. De feito, o libro que se vai editar con motivo desta homenaxe titúlase "A festa do Seixo na beira do mar: Rosalía e a fábrica", No mesmo rescátase a historia da escritora e a fábrica que chegou a dar traballo a un centenar de persoas.
O acto incluíu unha cea durante a cal se representou un fragmento da obra "Rosalía, poeta na beira do mar", que baixo a dirección de Eugenia Sanmartín, ,ensaia na actualidade a Sociedade de Amigos dá Paisaxe Galega.

Cultura

Publica o teu comentario agora