ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Lecturas de poemas de Rosalía de Castro protagonizou esta mañá o colexio de Franza en Mugardos, sumándose así ao Proxecto “Rosalía no Seixo” e ao Día de Rosalía. Máis de oitenta rapaces e rapazas participaron nesta actividade.
Acudiron á casa que luce unha placa co poema “Se a vernos Marica, nantronte viñeras, á festa do Seixo na beira do mar”. Visitaron a fraga, o lugar onde se celebrou a festa do Seixo ata 1870. Despois no local da Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega deron lectura a diferentes poemas de Rosalía. Unha degustación de chiculate con churros puxo o punto e final a esta xornada arredor da poeta. A actividade terá continuidade o venres da vindeira semana.
Publica o teu comentario agora