Rosalía a nosa

Rosalía a nosa
24 de Febreiro, 2020 - 02:24 h. | Publicada por Radio Fene

Rosalía de Castro naceu tal dia coma hoxe, de 1837, nunha casa de Santiago de Compostela, unha vivenda que daquela pertencia ao Concello de Conxo. A súa obra en conxunto reúne un gran valor estético, capaz de comprender a natureza do xénero humano. Sn moitos os estudosos da súa obra. Rescatamos referencias dalgúns deles.

ESCOITA O PODCAST:

Coa obra de Rosalía de Castro, Galiza quedou inscrita no censo dos pobos do mundo con honrosos sinais de identidade. Para Carvalho Calero, o seu libro Cantares Gallegos, a obra prima do Rexurdimento, dotou a Galiza dun documento nacional de identidade, en palabras de Ricardo Carvalho Calero.

Outro estudoso da literatura galega, Xesús Alonso Montero, referíase a Rosalía de Castro cun verso de Curros Enriquez porque afirma que "define á escritora mellor que calquera estudo filolóxico" .

A biógrafa de Rosalía María Xesús Lama referiuse en Radio Fene á intensa correspondencia entre Rosalía de Castro e Manuel Murguía. Moita dela non se coñece pero sería interesantisimo coñecela para descubrir a súa opinión da literatura da época e tamén as súas relacións de parella.

“Rosalia de Castro era firme defensora da existencia do pobo galego, pero tamén estaba obsesionada con poder vivir da literatura” afirma o profesor Francisco Rodriguez estudoso da obra de Rosalía. Pero a produción de Rosalía ofrece asimesmo simbolismo e alegoría da reivindicación de Galicia, segundo Rodriguez que tamén critica que a súa persoa e a súa obra non son asumidas como unha gran figura da cultura, por sectores academicos. Unha situación calamitosa desde o punto de vista económico fai que os últimos momentos da vida de Rosalía de Castro sexan de moita tristeza. "Ela tamén é consciente de que Galiza pode desaparecer, pode morrer" afirma.

(Na imaxe, Mª Xesús Lama e Anxos García Fonte, no banco adicado a Rosalía no Monumento ao camiñante descoñecido).

Cultura

Publica o teu comentario agora