Rosalía, viva e ilustre, no 125 aniversario da súa morte

Rosalía, viva e ilustre, no 125 aniversario da súa morte

15 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Cunha estrela na fronte e un cantar no bico, Galicia celebra nesta xornada o 125 cabodano do pasamento de Rosalía de Castro. Diversos e variados son os festexos, que acaban por coincidir nun mesmo espazo: o Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. O espazo no que repousan os restos mortais da poeta abriu onte de novo ao público logo de que as súas portas estivesen pechadas por decisión da Igrexa, que grazas a unha sentenza do Trib

Un acordo entre o arcebispado compostelán e a Xunta posibilitou que Rosalía reciba a homenaxe floral da Fundación que leva o seu nome e que preside Elena Villar. Esta amosaba en Radiofusión a súa ledicia polo acordo, mais precisou que “a solución non é definitiva e Galicia ten que facer algo co Panteón”. Ademais, Villar convidaba a todo o mundo a participar nas múltiples actividades que na Casa da Matanza, en Padrón, se celebran en homenaxe de Rosalía durante a xornada. “É o maior espazo simbólico da galeguidade”, definiuno.

Tamén a Asociación de Escritores en Lingua Galega conmemora a data rosaliana lembrando o traslado dos restos mortais da autora de “Follas Novas”, dende a estación da Matanza, a carón da súa vivenda en Iria Flavia, ata Compostela. Os actos comezarán cunha concentración no camposanto de Adina, onde repousara orixinalmente Rosalía.De seguido farase unha viaxe en tren ata Santiago, onde se xuntará o cortexo popular da homenaxe.

Ese cortexo percorrerá o centro de Compostela facendo paradas nas prazas do Toural, a Universidade e Cervantes, onde se lerán poemas. Xa en Bonaval, haberá unha audición do Ángelus de Massenet e actuacións musicais. O acto rematará cunha ofrenda no Panteón de Galegos Ilustres que servirá tamén para reivindicar o carácter civil e laico dese espazo cuxo control está agora en mans da Igrexa. O presidente dos autores galegos, Cesáreo Sánchez lembrou en Radiofusión que hai 125 anos, o clero negoulle a Rosalía as honras que merecía por considerar que non cumpría a “ortodoxia cristiá”.

Sociedade