Roupa deportiva a prezo de saldo en Más Sport

Roupa deportiva a prezo de saldo en Más Sport
27 de Agosto, 2020 - 01:42 h. | Publicada por Radio Fene

O Outlet de Fene desenvolverase o venres e o sábado de dez da mañá a dúas da tarde e de cinco da tarde a nove da noite. O domingo entre as dez da mañá e as dúas da tarde. No evento poderán conseguirse todo tipo de artigos -principalmente moda, complementos e cousas para a casa-, con rebaixas que nalgúns casos poden chegar até un 70%.

ESCOITA O PODCAST:
Marta Peña en Más Sport

Más Sport incluirá prendas seleccionadas a 10, 15 e 20€, ademais de descontos ata o 50%. É outra das tendas habituais no evento. Nesta ocasión opinan que é tamén un xeito de agradecer a todos os veciños e veciñas que os axudaron a continuar despois do confinamento. Así o sinala Marta Peña.

Comenta que depois do confinamento a xente estaba máis interesada en mercar roupa deportiva, pero agora xa volveu todo á normalidade. A tenda atópase na Avenida Marqués de Figueroa, no número 16.

Sociedade

Publica o teu comentario agora