Roupa nxbre para collerlle cariño

Roupa nxbre para collerlle cariño
16 de Xullo, 2020 - 12:42 h. | Publicada por Radio Fene

Nxbre é unha empresa de venda online, ecolóxica, de roupa de calidade e defensa do medioambiente. Dous xóvenes de Mugardos, Manuel e Sofía, puxeronna en marcha hai pouco máis dun mes.

ESCOITA O PODCAST:

Dous xóvenes emprendedores de Mugardos, Manuel Rodríguez e Sofía Vila veñen de abrir unha tenda online de roupa ecolóxica, de algodón 100% orgánico e un deseño que reclama o respecto pola natureza. Hai uns oito meses emprezaron a buscar un proveedor que reunise esas características de calidade e atopárono en Bélxica. Puñeron en marcha a súa tenda uns dias antes da alarma sanitaria, parouse todo e agora retomarono haberá un mes con moito éxito.

“Nxbre brand” é a marca que defenden un filólogo, Manuel Rodríguez, e unha estudante de ADE, Sofía Vila. O primeiro fálanos na entrevista dos diferentes productos que teñen á venda; camisolas, sudadeiras, bolsas, carteiras de man ou gorras, e das características de cada un deles. Teñen en común unha filosofía ben clara: respecto polo medioambiente e defensa da natureza, chiscando o ollo a Galicia e convertendo o noso porco ou a nosa gaita en puro arte. Manuel e Sofía queren revertir, anque sexa un pouco, o consumismo que nos come, a moda de usar e tirar que tantos litros de auga consume e tanto resíduo tóxico xenera. Estas prendas son duradeiras, tanto como para collerlles cariño.

Os productos de Nxbre valen o que custan e durante o verán teñen un desconto do 20%. Só hai que entrar en www.nxbre.com e ver o catálogo das prendas e dos accesorios.

Sociedade

Publica o teu comentario agora