Roupa para meniño e muller en Lidia Moda

Roupa para meniño e muller en Lidia Moda
28 de Agosto, 2020 - 11:45 h. | Publicada por Radio Fene

Lidia Moda abre as súas portas no número 18 da rúa das Cañotas. Ao longo desta fin de semana terán roupa de muller con descontos e roupa infantil (de 0 a 24 meses) con pezas a 3, 5 e 10€.

ESCOITA O PODCAST:
Lidia Pérez en Lidia Moda

Contan cunha liña de arreglos e de abalorios que está a funcionar bastante ben, confesa Lidia. Ela adícabase a artesanía e non quería deixalo de lado ao abrir o comercio, polo que decidiu incorporalo dalgún xeito. O Outlet en Fene comezou hoxe ás dez da mañá e rematará o domingo ás dúas da tarde. As tendas estarán abertas de 10.00h a 14.00h venres, sábado e domingo; tamén polas tardes de 17.00h a 21.00h venres e sábado.

Sociedade

Publica o teu comentario agora