Rubén Castro, primeiro galego na Carreira Popular de Negreira

Rubén Castro, primeiro galego na Carreira Popular de Negreira

08 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O atleta Rubén Castro da Academia Postal de Ourense foi o primeiro galego clasificado na XXX Carreira Popular de Negreira celebrada este mediodia. A primeira muller foi Filomena Castro do Sporting Braga cun tempo de 34,31.

O ex alcalde de Negreira Xosé Manuel López Tuñas lembrou nos micrófonos de Radiofusión as orixes desta proba. A Asociación Veciñal do Tambre, a asociación cultural Alfonso Eans e a Sociedade Deportiva Negreira organizaran a primeira carreira, como un acto lúdico e reivindicativo.

Naquela ocasión chovera moito, pero foi unha festa moi bonita coa colaboración de moita xente de Negreira, segundo o ex-rexedor. A segunda edición organizouna a comisión de festas, e na terceira a organización xa correu a cargo do Concello.

Deportes