The Rubinoos na pomada do Felipop

The Rubinoos na pomada do Felipop

08 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Os músicos californianos gozan co que fan e quizais nunca será por cartos. ¿Quen coñece os sinais de identidade da banda norteamericana que tocaba a uns centos de metros da praia de Rio Sandeo mentras Michelle Obama se bañaba en Marbella? The Rubinoos achegáronse a Limodre (Fene A Coruña) para tocar no Felipop, ainda perdendo diñeiro. No pasado mes de maio explicáronlle a filosofía do festival e xa adiantaron querían "estar na

Hai que asomarse á reixa, para comprobar que ainda é real un grupo que escapou da banalización e madurou unha relación serena coa música. O público xa sabía que non ia soar o "Waka waka". The Rubinoos xa participou na sesión vermouth cunha versión a capella de Altamont. Pola noite, chegou o que todos agardaban: a enerxia da guitarra de Tommy Dunbar e as voces do propio Tommy, de Jon e de Al Chan. Lograron caldear os ánimos do público que enchía a carpa do Felipop de Limodre. A banda de power pop formada en Berkeley (California) en 1970 demostrou profisionalidade e bó facer.

Cultura