Runners e Alumbramiento, premios do xurado no Redondela en curto

Runners e Alumbramiento, premios do xurado no Redondela en curto

04 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A curta “Porque hay cosas que nunca se olvidan” recibe o premio do público e os traballos “Runners” e “Alumbramiento” son as elexidas polo xurado na V edición do festival Redondela en curto.As curtametraxes “Alumbramiento” de Eduardo Chapero e “Runners” de Marc Reixach foron os dous títulos elixidos polo xurado do festival que se celebrou durante toda a semana e no que competiron un total de 16 curtas preseleccionadas.

Alumbramiento” narra unha historia familiar na que un dos seus membros se enfronta ao final da súa vida. Un drama protagonizado pola actriz Mariví Bilbao que xa foi merecedor de diferentes galardón como o León de Oro ao mellor curtametraxe europea en Venecia ou mellor curta nos premios do cine europeo de Berlín.

 

Pola súa banda, o traballo de Marc Reixach conta a historia dun mozo de 16 nos que se nega a aceptar o destino que a vida lle reservou á súa nai. O premio do público, recaiu en “Porque hai cosas que nunca se olvidan” unha historia de Lucas Figueroa situada en Nápoles no ano 1950. Catro amigos de oito anos xogan ao fútbol na rúa e como curiosidade, conta entre os seus actores cos futbolistas italianos Favio Cannavaro e Amádeo Carboni. Un total de 1.600 persoas acudiron aos pases das curtametraxes que se realizaron no Multiusos da Xunqueira.

Sociedade