Ruta outonal por Serra Trevinca

Ruta outonal por Serra Trevinca

07 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A Sección de Montaña Pórtico do grupo de empresa de Astano (Fene) organiza para esta fin de semana unha ruta de montaña pola Serra Trevinca en Ourense. Os interesados percorrerán a lagoa de Ocelo, ascenderán Pena Trevinca e disfrutarán do comezo do outono en plena alta montaña galega. O coste da inscrición é de 25 euros.

Os interesados partirán da rúa Castro de Perlío o sábado ás nove da mañá para trasladarse en coches ata aldea de Ponte onte se instalará o campamento. Logo realizárase un circuito de sendeirismo pola lagoa de Ocelo e posteriormente ascenderase Pena Trevinca de 2.114 metros. O regreso a Fene producírase o domingo arredor das 18.00 horas.

Deportes