Ruxe-Ruxe e A Roda no VI Festival Folk Antas

Ruxe-Ruxe e A Roda no VI Festival Folk Antas

12 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

A Praza do Concello de Antas de Ulla acollerá mañá venres, 13 de agosto, a celebración da sexta edición do Festival Folk Antas. O evento comezará ás dez e media co grupo de música tradicional galega A Roda, para dar paso despois ao punk-rock da banda de Aríns, Ruxe-Ruxe, que presentará o seu novo disco, Na fura de diante. A en

O festival está organizado pola Asociación Cultural Folk Antas que ten por obxectivo principal organizar esta cita festiva no que é o Centro Xeográfico de Galicia. Segundo comentou en Radiofusión un dos organizadores do Folk Antas, Xosé Luís Santiso, este é un festival xa consolidado que con Ruxe-Ruxe e A Roda satisfará o gusto musical dun amplo abano de persoas.

Cultura