Ruxe Ruxe o rock en Fene.

Ruxe Ruxe o rock en Fene.
28 de Agosto, 2019 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os vindeiros días 13, 14 e 15 de setembro celebrarase unha nova edición do Fenerock.

O mítico festival trae para este ano un cartel cheo de estrelas. Comeza a xornada do venres 13 a partir das dez da noite Comandante Lobo. Séguenlles Sintrom ni Son, a banda de Fene traerá unha actuación especial, na que pasarán polo escenario invitados e amigos do festival. Posteriormente tocará King Sapo, unha banda madrileña con sons dos 70 e os 90, e pechará a noite unha das máis míticas bandas do rock galego, Ruxe Ruxe.

Para o sábado 14 haberá sesión vermú, na que actuarán Los Guardianes del Rock. Unha banda formada por 3 nenos de menos de 12 anos que nos traen os mellores clásicos do rock. Máis tarde subirá ao escenario Oday Lane, os metaleros ferroláns volven aos directos tras reformarse recentemente. Tamén tocará Amadeus, o grupo de heavy máis mítico de Fene, con 29 anos de traxectoria e un novo disco é dos concertos máis agardados do festival. Outro clásico é Sober, quen celebra 25 anos sendo un referente do metal e o rock alternativo. E para rematar, escoitaremos a Abaixo cu Sistema, un grupo portugués tributo a System Of a Down.

No domingo 15, o festival pechará coas pezas do mediodía amenizadas por Rockers e Fredy e o xantar popular.

Todos os concertos serán baixo carpa e contarán con zonas para persoas con discapacidade. O acceso é de balde e haberá unha zona de acampada gratuita. O Fenerock o organiza a Asociación Cultural Centolos xunto ao Concello de Fene coa colaboración da Deputación da Coruña.

Cultura

Publica o teu comentario agora