Sáe do prelo “A República da Berxa”

Sáe do prelo “A República da Berxa”

13 de Xaneiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O historiador Manuel Pazos presenta o seu último libro ‘A República da Berxa’. A Mancomunidade de Ordes patrocina este traballo no que se narra a historia de Antonio Gómez Carneiro, alcalde de Mesía durante a Segunda República e importante empresario da comarca. ‘A República da Berxa’ está editada pola Asociación Cultural Obradoiro da Historia e patrocinada pola Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes. Na súa

O historiador orousán Manuel Pazos ven de presentar recentemente a súa última obra literaria ‘A República da Berxa’. No libro nárrase a historia de Antonio Gómez Carneiro, dúas veces alcalde de Mesía ao longo da Segunda República ata o inicio da Guerra Civil española. Perseguido pola ditadura franquista cumpriu condea durante varios anos no cárcer da Coruña. Tras un período emigrado en Bos Aires toma conciencia do atraso económico e cultural da súa terra natal, á que volve coa intención de crear unha escola e unha biblioteca na localidade de Gonzar (O Pino). Persoa preocupada polo progreso e o benestar da sociedade, emprendeu diversas actividades económicas. Entre elas destáca a instalación da Central Berxa, unha das máis importantes centrais hidroeléctricas da bisbarra ordense, que tivo como orixe o muíño da Berxa á beira do río Samo.

No acto de presentación, na Casa Cultural de Xanceda, participaron o presidente da Mancomunidade de Ordes, Manuel Regos; os alcaldes de Mesía e Oroso, Mariano Iglesias e Manuel Mirás respectivamente, así como o profesor da Universidade de Santiago Emilio Grandío. Para pechar o acto todos e todas desfrutaron da actuación musical das cantareiras da Escola de Música e Baile Tradicional de Mesía e das interpretacións do dúo Mini e Mero.   
  

Sociedade