Sí aos servizos sociais nos concellos

Sí aos servizos sociais nos concellos

29 de Outubro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os profesionais dos Servizos Sociais do Concello de San Sadurniño- A Coruña-  convocan  unha  concentración mañá, 30 de outubro ás 12:00 horas da mañá na Praza do Concello desta localidade. Convócase a profesionais da comarca e a toda a poboación en xeral para manifestar a sua repulsa do desmantalamento do actual sistema de servizos sociais. A cor laranxa simbolizará a protesta. Formaráse unha concentraci

O xoves 17 de outubro debateuse no Congreso dos Deputados, o proxecto de lei de reforma dos concellos aprobada polo Consello de ministros no mes de xullo. Agora vai camiño do Senado.
Esta norma, limita drásticamente aos Concellos nas actuais competencias en servizos sociais que a Lei autonómica tamén lles recoñece a día de hoxe.

De manterse a actual redación deste Proxecto de lei de Racionalización e sostenibilidade da Administración local, só os concellos que teñan máis de 20.000 habitantes estarán obrigados a facer fronte a un reducido labor de “avaliación e información de situacións de necesidade social e atención inmediata ás persoas en situación o risco de exclusión social”.
Nos municipios máis pequenos, que son o 87% do total do estado español, esta competencia recoñécese, pero NON será de obrigatoria aplicación.

O resto dos servizos sociais que actualmente crean e xestionan os concellos, preto dos seus veciños e veciñas, dando resposta inmediata ás súas necesidades, pasarán a depender da Administración Autonómica, no caso de Galicia, da Xunta, alonxándose inevitablemente da contorna mais próxima, das persoas e dos seus problemas persoais e familiares.

A iniciativa das concentracións partiu dun grupo de profesionais do eido dos servizos sociais municipais de 10 concellos da comarca das Mariñas co fin de tentar visibilizar, pobo a pobo, vila a vila, a perda que esta nova situación competencial suporá para a xente. O día 16 de outubro constituíse a plataforma independente de profesionais de servizos sociais "O social, no local"  reivindicando para os nosos concellos a actual autonomía e competencia na xestión e creación de servizos sociais áxiles, próximos e a medida da nosa cidadanía e que con tanto esforzos construímos nos últimos 30 anos.

Sociedade