Sí se pode

Vilarmaior 1- Barallobre 0
14 de Outubro, 2019 - 12:22 h. | Publicada por Radio Fene

Na primeira parte o equipo do Ramo foi superior, tanto en posesión como en chegadas e na creación de ocasións que non transformou. Recibiu o gol no minuto 70.

ESCOITA O PODCAST:

O Barallobre perdeu en Vilarmaior pola mínima. Vilarmaior 1- Barallobre 0. A dinámica foi a de sempre, segundo o técnico, Oscar Varela. Na primeira parte foi superior o equipo do Ramo, tanto en posesión como en chegadas e na creación de ocasións de perigo, tres ou catro que non deron definido. Para colmo está un presunto penalti que o árbitro calificou de man involuntaria. Chegouse ao descanso co marcador a ceros.

Na segunda parte aos de Oscar Varela custoulles máis entrar no partido e no minuto 70 recibiron o gol que sería definitivo no marcador. O Barallobre intentou o empate índose arriba e colgando balóns aéreos pero non foron capaces de igualar o encontro. Cal é o problema? “Erros defensivos, encaixamos moitos goles e non metemos os que xeneramos” responde o técnico do Barallobre.

Na próxima xornada ven un oso duro de roer, o Perlío, un equipo “moi formado, que pelea ata o final e que ven dunha dinámica moi positiva” en palabras de Varela. O Barallobre recibe ao Perlío nun campo que estará ben grazas á choiva, porque estaba moi duro.

Deportes

Publica o teu comentario agora