Só 6 aspirantes de 240 aproban o primeiro exercicio do exame de peóns

Só 6 aspirantes de 240 aproban o primeiro exercicio do exame de peóns

04 de Xullo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Xa se coñece o nome dos aprobados no primeiro exercicio para a selección de 3 peóns, funcionarios de carreira, para o Concello de Fene. 6 homes foron os afortunados que pasarán a segunda proba o 19 de xullo.

A máxima nota, un 6,25 acadouna Albino Paredes Turnes. O segundo foi José Alberto Feal Prieto cun 6,1. O terceiro mellor resultado levouno Francisco M. López Álvarez que rozou o 6 cun 5, 95. Os outros 3 aprobados conseguiron a mesma cualificación, un 5,25. Trátase de Pedro Faraldo Purriños, Ernesto Vidal García e Jorge Vázquez Méndez. Os seis aspirantes están moi igualados xa que entre o primeiro e os 3 últimos só hai un punto de diferenza do 6,25 ao 5,25. Albino, José Alberto, Francisco, Pedro, Ernesto e Jorge realizarán o segundo exercicio o martes 19 de xullo, ás 11 da mañá no Cemiterio Municipal.

Sociedade