A saúde comeza polo intestino

A saúde comeza polo intestino
29 de Xullo, 2020 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

A dieta atlántica é unha aliada do sistema inmune contra o covid 19. Alimentos ricos en vitamina D, é dicir, peixe azul, mexillóns, polbo, lácteos ou ovos.

Tomar cantidades adecuadas deses alimentos contribuen a ter un sistema inmunitario forte, o que tamén é un escudo fronte a patoloxias como o coronavirus. Para frealo tamén resulta importante manter á raia a obesidade e o sobrepeso. De todos os xeitos, pódense dar por agotadas as dietas impersoais ou xenéricas. Estamos no momento da nutrición persoalizada ou de precisión. A flora intestinal ou microbiota é determinante no desenvolvemente de doenzas e tamén na xeneración de obesidade ou diabete. Hai quen intenta aproveitarse de maneira inmediata desas investigacións, poñendo no mercado alimentos calificados como probióticos. Pero as investigacións sobre a flora intestinal son estudos científicos que ainda tardarán en traducirse en resultados para a poboación.

A investigación do proxecto Microbiota español, trata de crear un mapa xenético das bacterias intestinais da poboación. Aillando unha mostra de ADN das feces, en quince minutos saberemos de que está composta a flora intestinal da persoa. Coñecendo as bacterias intestinais, o que hai que facer é incluir na alimentación determinados probióticos e complementos alimenticios para controlar o medre ou desaparición dos microorganismos que producen esos desaxustes. Afirmao así o doutor Luis Collado, respondable do Proxecto Microbioma español, da Universidade Complutense de Madrid. Xa o dicia Hipócrates: “A saúde comeza polo intestino”.

Cultura

Publica o teu comentario agora