A saúde nas mulleres centra o Marzo Muller deste ano

A saúde nas mulleres centra o Marzo Muller deste ano

03 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O programa de actividades que organiza a concellaría de Igualdade arrancará esta mesma tarde cunha charla coloquio que se desenvolverá ás 17:30 horas no centro cultural de Cedeira. Jorge González Ledo, licenciado en educación física, mestre no ximnasio municipal do Berbés ademáis de colaborador en temas de saúde e deporte no semanario A Nosa Terra será o encargado de

 

Esta é a primeira das actividades que este ano perseguen achegarse ás mulleres polo que se van realizar en diferentes locais parroquiais de Cabeiro, San Estevo, Soutoxusto, Chapela, Ventosela, Trasmañó e Saxamonde. Coloquios que abordarán temas como a autoestima, a ansiedade, o síndrome do niño baleiro, o cancro ou a igualdade.

Actividades organizadas pola Concellaría de servizos Sociais e Igualdade que se prolongarán ata finais de mes e que concluirán o venres día 27 cunha actuacións musical.

Con estas actividades, a Concellaría quere lembrar este día como data de reflexión sobre as condicións vitais e laborais das mulleres, pero tamén como un día máis na loita polas reinvindicacións polo dereito das mulleres a vivir en igualdade de dereitos sen discriminación.

Sociedade