Saúde, urbanismo e orzamentos

Saúde, urbanismo e orzamentos
11 de Xaneiro, 2024 - 02:56 h. | Publicada por Radio Fene

Terreos para o novo Centro de saúde de Fene. A revisión do Plan Xeral. Aprobar os Orzamentos para este ano. Son as máximas prioridades para este comezo de ano que lle marca o voceiro do Partido Popular, Gumersindo Galego, ao Goberno local de Fene.

ESCOITA O PODCAST:

“O que máis urxe, porque imos prácticamente con dous anos de retraso, é a posta a disposición da Consellería de Sanidade dos terreos para o novo centro de saúde”, sinala o voceiro popular. Tamén apunta á necesaria revisión do Plan Xeral de Urbanismo e critica Gumersindo Galego que o Concello comece o ano sen ter aprobados os Presupostos.  “Non queda moito para investimento, pero hai que telo”. 

Institucional

Publica o teu comentario agora