Sabe a pouco

Sabe a pouco
04 de Abril, 2023 - 11:44 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío volveu de Oleiros cun punto que lle “sabe a pouco” ao adestrador Carlos Carballo, Vinky. C.D. Obrero 0-0 Perlío na xornada 21 da Segunda División Galega de fútbol feminino. E despois das vacacións da Semana Santa, derby local nos Pinares

ESCOITA O PODCAST:

“A valoración non é positiva, fixemos cinco ou seis ocasión clarísimas na primeira metade, pero non fomos capaces de meter un”, resume do encontro disputado no campo da Marola que fai o técnico do Perlío. “Fixemos méritos suficientes para traer os tres puntos, pero non definimos ao final, tivemos moitas ocasións na primeira parte, pero hai que metelas”. “A mellor do partido foi a porteira delas”, conclúe. 

Deportes

Publica o teu comentario agora