Saben repoñerse

Perlío 2- Galicia de Caranza 4 na Copa feminina de futbol 7
05 de Novembro, 2019 - 11:35 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío feminino caeu honrosamente diante do Galicia de Caranza, equipo que lidera a competición de Copa. Despois de ir perdendo 0-2, o Perlío logrou un empate que as fixo soñar.

ESCOITA O PODCAST:

 

Perlío 2- Galicia de Caranza 4 foi o resultado dun encontro que as de Perlío encararon cos problemas de sempre, en palabras da delegada do equipo Conchi López, “entrando mal nos partidos e encaixando pronto”. Aos cinco minutos marca o Caranza o primeiro tanto e no minuto 18 o segundo. O equipo dos Pinares veuse abaixo pero chegou o descanso e falaron. Bendita conversa porque foi empezar o segundo tempo e Antía centra desde a banda e Uxía remata no minuto 36. Iria marca o gol do empate de falta directa no minuto 38. A ledicia dura pouco porque aos dous minutos do empate, reaccionan as xogadoras ferrolás e marcan o terceiro. O cuarto e definitivo chegou nos minutosa finais.

Quedamonos coa reacción do equipo fenés que de moral está ben, máis que de confianza e de físico, segundo a delegada, Conchi Lopez. O próximo choque do Perlio feminino será no campo da Gándara de Pontedeume fronte ao Eume, equipo que aínda non foi quen de gañar e leva 28 goles en contra. Pero non hai que confiarse. O encontro xogarase probablemente o sabado.

Deportes

Publica o teu comentario agora