Sabor auga de mar. A voltas coa coción.

Sabor auga de mar. A voltas coa coción.

23 de Setembro, 2008 - 12:00 h. | Publicada por

Dous minutos, non mais de dous minutos, precisamos para cocer un molusco. Ameixas, berberechos, minchas ou mexillóns gardarán o sabor a auga de mar no seu interior se non nos pasamos coa coción.

Nestes debates andan os xoves cociñeiros que se preparan para ser os restauradores do mañán. Novos métodos de coción para gardar o sabor mais afrodisíaco do mundo, o sabor a auga de mar.

Soemos cocer os moluscos mais tempo do preciso, segundo Adrián González Pico.
Pasarse de tempo provoca que o bicho se enrugue, se encolla e se seque de máis. Pero o peor non é o aspecto - que tamén- senón cómo afecta unha mala coción ao seu sabor. Dous minutos, dous minutos son suficientes para que o molusco estea no punto, pleno de forma e de sabor.

Só con sal e loureiro conseguimos potenciar ese sabor único, que por sí mesmo enche a boca. Para quen pida mais, unhas pingas de limón e para os mais larpeiros están as prebes, verde, fumé ou mariñeira...

Sociedade