Sabor a mín

O concello de Fene continúa hoxe o Ciclo de Galicia con habaneras e mañá a Festa dos Avós
10 de Xullo, 2019 - 02:22 h. | Publicada por Radio Fene

Habaneras e Xantar popular, son as novas citas do Ciclo do Día de Galicia, para hoxe e mañá respectivamente, 10 e 11 de xullo.

A praza Alcalde Ramón Souto González de Fene acolle unha das citas máis tradicionais do Ciclo do Dia de Galicia, o Certame de Habaneiras e Canto Coral, coa participación das corais polifónicas do CPS de San Valentín, O Pote de Maniños; a Agarimo de Sillobre e Eterna Xuventude do Centro Social de Fene. Tamén, das rondallas “Perla do Río” do Círculo de Perlío e “Estrelecer” do CMI Unidade de Fene. Nos últimos anos sumouse o Tradicoro, formación de Airiños de Fene. As actuacións empezarán ás 20h. (na imaxe de arquivo, a Coral Polifónica de San Valentín).

Seguindo co Ciclo Día de Galicia, celebrarase mañá xoves a Festa do Avós na praza do Alcalde Ramón Souto. Dende as 20 horas e gratuitamente repartiranse racións de churrasco, empanada, bola e auga. Haberá tamén inchables para os máis pequenos. E dende as 22:30 a orquestra La Trova Coruñesa amenizará a noite co seu espectáculo “Sabor a min”. As mesas e cadeiras son limitadas e comezarán a ocuparse dende as 19:45. Sinala tamén o concello que a recadación das bebidas destinarase a Cáritas-Fene.

Cultura

Publica o teu comentario agora