Sabores para parar o pulso

Sabores para parar o pulso
13 de Novembro, 2019 - 11:54 h. | Publicada por Radio Fene

Tapas a concurso, con sabores para parar o pulso. Os roxóns son a base central da tapa da Cervexería Tivoli. Unha rebanda de pan con roxóns, queixo San Simón e pemento do Couto. Todo metido uns minutos ao forno para gratinar. A Tosta Galega participa no Certame de Tapas de Fene que se prolongará ata o vintecatro de novembro, os venres, sábados e domingos.

ESCOITA O PODCAST:
Lúa da cafetería Tívoli

O sábado á tarde foi o día máis concorrido neste establecemento, aínda que agardan máis visitas para os seguintes fins de semana. Entre as persoas “des-tapadas” que acudan aos once establecementos participantes sortearase unha viaxe a Londres para dúas persoas con estancia de tres dias. Ademais tamén haberá unha escapada rural e un premio de seiscentos euros en vales para compras en establecementos de Fene.

Sociedade

Publica o teu comentario agora