Sacarlle o xugo á crise

Sacarlle o xugo á crise

21 de Xuño, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As froiterías sácanlle o xugo á crise. Son comercio de proximidade e resisten en tempos difíciles. Nos últimos tempos ábrense mercerías, zapaterías e tendas de amaño de roupa. Pero sobor de todo, froiterías. Os establecementos especializados en venda de froita son comercios que precisan dun investimento menor que unha carnicería ou unha tenda de roupa.

Un dos exemplos do auxe das froiterías témolo en Fene. Na avenida Marqués de Figueroa abreu hai poucos dias “Más que fruta”. Venden froita, empanadas, viño, cerámica e pan, segundo o seu propietario Sergio Pico.

As froiterías ofrecen amplos horarios de apertura, e ademais responden á volta do sabor. A xente cada vez se preocupa máis da calidade da alimentación. A froita é un producto que mellora se se compra fresco e co asesoramento dun vendedor de confianza.

Sociedade