Sachado e mondado

Sachado e mondado
05 de Febreiro, 2024 - 11:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Narón B esperaba encontrarse un partido sachado e mondado, xa feitiño, que non dera traballo no campo do Pote. Pero encontrouse con máis problemas que os que tiña previsto. “Os xogadores do Maniños B competiron coma leóns, ata o minuto 67 non chegou o 0-2 e o resultado era incerto” indica o míster do filial do Maniños Alvaro Dopico “Chiqui”. 

Fotografía Xan Xe

“Tivemos escaseza de efectivos e ademais dous xogadores lesionáronse no partido” apunta o técnico. Na Segunda Galicia de fútbol, Maniños B 0 - 3 Narón B. 

 

 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora