Sada pide a apertura este verán do Pazo de Meirás

Sada pide a apertura este verán do Pazo de Meirás

20 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Sada

O alcalde de Sada (A Coruña), o nacionalista Abel López Soto, remitiu unha carta ao conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, para que faga cumprir a Lei de patrimonio cultural de Galicia e "axilice" os trámites para a apertura ao público do Pazo de Meirás este verán.

Tras rexeitar o Tribunal Superior de Xustiza o recurso de Carmen Polo Franco, actual propietaria do pazo, para impedir que sexa un ben cultural, o rexedor de Sada pide que se determinen as condicións de acceso durante catro días ao mes para visitar Meirás.

López Soto recórdalle ao conselleiro que esta iniciativa, promovida polo Concello de Sada e aprobada pola Xunta, pretendía, entre outras cousas, que o pazo poida ser visitado "contribuíndo deste modo á dinamización turística da zona".

Sociedade