Sae do prelo “Fene vai de entroido”

Sae do prelo “Fene vai de entroido”

26 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O primeiro testamento que fixo Pérez Parallé para o entroido de Fene ou varios cartaces deseñados por Xaquín Marín para anunciar as festas, son algúns dos documentos que se reproducen no libro “Fene vai de entroido”.  A asociación cultural “O Tadetas”, impulsora do proxecto,  presentará o volume o vindeiro 10 de febreiro na Casa da Cultura de Fene (20 h). As persoas que asistan ao acto recibir

A idea de facer un libro sobre a historia do entroido de Fene ven de moi lonxe aínda que non tomou forma ata o ano pasado, segundo explicou a Radiofusión Xosé María Permui, un dos membros da Asociación Cultural “O Tadetas”. O obxectivo deste traballo, realizado pola xornalista María Xesús Arias, era estudar a evolución e analizar o significado desta festa no pasado e no presente de Fene.

 

O libro recolle unha compilación de fotografías pero tamén moitas testemuñas, orais e escritas, coas que se da forma a historia do Entroido no concello. Cóntase, por exemplo, cómo sobreviviu ao franquismo e fálase da importancia que tiveron distintos persoeiros no mantemento desta tradición: o propio Tadetas, Puentes, Romero, Cocho, etc. Pero ademais da propia historia que se conta e das fotografías que a ilustran, en “Fene vai de entroido” reprodúcense todos os testamentos do entroido publicados dende a década dos 80 e moitas das letras que cantaron nestes anos as comparsas, falando de fitos tan significativos como a reconversión naval, a caída da Ponte das Pías ou os accidentes do Casón ou do Prestige.

 

Publicado pola Deputación Provincial e o Concello de Fene, o libro “Fene vai de entroido” comezará a repartirse a partir do vindeiro 10 de febreiro, data da súa presentación na Casa da Cultura.

 

 

 

Sociedade