A SAF adica a Lareira poética á escritora Cristina Amenedo

A SAF adica a Lareira poética á escritora Cristina Amenedo

18 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Sociedade Artística Ferrolá –SAF- anuncia a IV Lareira de poesía e música- 2011. Celebrarase no Parador de Turismo de Ferrol dentro dunha cea que coordenará Antonio Ruibal- Caruso- e no transcurso da cal recitaranse poemas e actuará o violinista ruso Mijail Moriatov. A IV Lareira poético- musical celebrarase o venres 11 de novembro, dende as 8,30 da tarde. Para participar é preciso anotarse na cea no propio Parador antes do 5 de novembro.

Cristina Amenedo

Cristina Picos Vilar (Cristina Amenedo) naceu en  San Martiño de Porto en 1925, estudióu Maxisterio en la Escuela Normal da Coruña e Estudios de Psicoloxía Diferencial Aplicada, e máis tarde licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago. Estudiou Música e Declamación no Conservatorio da Coruña. Colaboróu en diversas publicacions como La Voz de Galicia, La Noche y El correo Gallego, Galicia (Madrid), Galicia (Buenos Aires), Alforja y El Ideal Gallego. Gañou en tres ocasións o Premio Manos Unidas pola publicación de artículos sobre o Terceiro Mundo.

En 1979 publica La niña Saral, unha balada elegíaca, obra que fue calificada por la prensa como o Platero y yo galego, e en 1981 gañou o Premio Juan Ramón Jiménez no centenario do nacemeento do poeta, pola obra “Juan Ramón Jiménez, ruiseñor universal”. Dous anos máis tarde publica Mar aberto, o seu primeiro libro de poemas en galego, adicado a Aurelio Aguirre. En 1988 publica Silvo de vento mareiro, en xaneiro de 1992 publica un novo libro de poemas en castelán, Con el tiempo y el silencio. De 1997 é  Ledicia: unha loita contra o desánimo, a esperanza, poemario publicado por Ediciós do Castro. 

No ano 2008 a SAF outorgoulle o III Premio de Poesía sobre o Mar polo poema “El barco eterno”. Cristina Amenedo falleceu este verán na Coruña, no pasado mes de agosto.

Sociedade