Sal, sardiñas e peiraos na Enseada

Sal, sardiñas e peiraos na Enseada

05 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O colectivo Alén Nós presentará este venres na Casa da Torre o libro “Sal, sardiñas e peiraos” nun acto que se desenvolverá ás 20:00 horas.O volume, obra de Alberte Román Losada, recolle o patrimonio marítimo e industrial da Enseada de San Simón, con referencias específicas as construccións aínda existentes no litoral como a fábrica do Alemán en Rande ou a I.M.E. (Industria Metalífe

 

Industrias moitas delas nacidas ao amparo da pesca e o marisqueo, adicadas á actividade trasformadora do peixe, nun primeiro momento coa salga para reconvertirse coa evolución do sector en conserveiras. Noutros casos, industrias que nada tiñan que ver co mar pero que se asentaban no litoral na procura de mellores vías de comunicación para os seus produtos.

Unha achega ao patrimonio da Enseada onte atopamos referencias tamén ás salinas do Ulló en Vilaboa e ao tráfico de pasaxeiros na ría. Un libro que nos permitirá  coñecer á actividade que durante os últimos séculos se veu desenvolvendo na ría e na enseada.

Dende Alén Nós enmárcase esta iniciativa dentro da política de recuperación do patrimonio que están a desenvolver nos últimos anos con accións encamiñadas a demandar unha maior protección dos xacementos arqueolóxicos de Monte Penide ou a creación dun museo etnográfico. Tamén coa posta en marcha de “tarefas viradas á divulgación do patrimonio” como é o caso desta publicación.

Sociedade