As salas tamén son para o verán

A sala ferrolá La Room ofrece concertos de A Tribo das flores e Las Antonias o 19 e 20 de xullo
17 de Xullo, 2019 - 12:49 h. | Publicada por Radio Fene

A Tribo das flores e Las Antonias enchen de verán a sala La Room de Ferrol na fin de semana do 19 e 20 de xullo.

ESCOITA O PODCAST:

A sala La Room, ubicada na rúa do Sol 142 de Ferrol, vístese de verán e cada fín de semana ofrece frescos concertos musicais. Estes son os máis inmediatos:

O venres 19 de xullo, ás 23,55 h. concerto de A Tribo das Flores.

Como saídos dun aquelarre musical no medio do monte, A Tribo das Flores é unha romería de verán que condensa o folk e o pop, a canción tabernaria e a melodía máis delicada nunha proposta cantada en galego, castelán, italiano, inglés e portugués. O bardo Roger Arias é o mestre de ceremonias dun combo que completan, o percusionista Sergio Cosmonautas, a cantante e guitarrista Amparo Arias, o acordeonista Nicolás Vidal e a cosmopolita intérprete, Silvia Fralleoni. A entrada será de balde. (Na imaxe, A Tribo das Flores na Liga de Amigos de Barallobre promocionando a Festa mariñeira que se celebra no mes de setembro).

O sabado 20 de xullo, ás 23.45h concerto de LAS ANTONIAS coa entrada 5 € e a venda de entradas en http://www.ataquilla.com/,na sala La Room e no Estanco del Puerto. (na rúa San Francisco de Ferrol).

Las Antonias é unha formación femenina creada no 2015 en A Coruña. Destripan boleros e música dos 50 e 60, danlles novas letras e intención, empoderan ás mulleres e ensaian con público. E todo regado de moito humor… Compoñen a formación: Ana Lee, como voz principal e percusións menores; Mamen Bazarra, ás voces e guitarra e Gelen García co fagot e caixón.

Cultura

Publica o teu comentario agora