Salta, salta

Non hai marcas que bater, así que o Atletismo é divertido
11 de Abril, 2019 - 12:06 h. | Publicada por Radio Fene

O Atletismo Divertido seguirá desenvovléndose mañá no pavillón A Xunqueira a pesar de que sorprendeu o bo tempo.

ESCOITA O PODCAST:

Salto lateral, lanzamento de peso, ximkana, lanzamento de xavelina, salto de lonxitude, velocidade (50 metros), 50 metros vallas e carreira de relevos. Preto de 600 escolares participan hoxe e mañá nas Xornadas de Atletismo Divertido do Concello de Fene. As actividades realizanse no pavillón de A Xunqueira en horario de mañá, dende as 10,15 horas aproximadamente.

A intención era que os chavales practicaran o atletismo nas novas pistas de Barallobre pero as previsións meteorolóxicas de hai uns días previan auga e frío, así que se decidiu facer as xornadas no pavillón. A técnica deportiva municipal, Merchi Justo, explicounos como se están desenvolvendo.

Hoxe xoves participan os estudantes de Educación Primaria do Colexio Jorge Juan e A Xunqueira, namentras que mañá venres tomarán o relevo os do Ramo, Centieiras e Os Casais. Son unhas xornadas completamente lúdicas, para que nenos e nenas coñezan as diferentes modalidades do atletismo divertíndose.

Deportes

Publica o teu comentario agora