Saltar o lume e quedar a gusto

Saltar o lume e quedar a gusto
22 de Xuño, 2020 - 01:57 h. | Publicada por Radio Fene

A noite de San Xoán deste ano 2020 semellaráse á celebración de 50 anos atrás. Veciños e amigos, en grupos non superiores a 20 persoas, xuntaranse nos rueiros para saltar o lume.

ESCOITA O PODCAST:

“Na noite de San Xoán, que non me trabe cobra nen can” , “Polo San Xoán a sardiña pinga o pan” ou “Polo San Xoán as peras caen ao chan”. Son algúns dos ditos populares arredor deste celebración que lembraron esta mañá no Obradoiro Máis Memoria dos SS SS do concello de Fene. Unha muller do grupo Máis Memoria de Limodre, Idalia Regueiro, participou activamente esta mañá contando os seus recordos infantís desta festa que facían os veciños e veciñas do seu rueiro, prendendo lume a unha gran fogueira e comendo sardiñas con cachelos ata altas horas da madrugada. “Cando tiña 12 anos ao saltar a luminaria choquei co meu irmán e rompín os dentes” recorda Idalia quen xa se prepara para o seu San Xoán particular coa recolección de flores para deixar ao luar mañá á noite e lavar a cara o dia 24 pola mañá con elas.

De nova, Idalia ía ás festas de San Xoán de Piñeiro- Mugardos- unhas festas moi populosas. Mañá queimará o ramo do ano pasado na fogueira que sigue saltando porque "senón non quedo a gusto”. Os psicólogos, Jaime Lendoiro, Fernando Bermúdez, a pedagoga municipal, Mª Xosé Paz e H. Sanfíz concitáronse para o próximo luns porque será a despedida do curso das Tardes Activas que nesta última etapa poideron seguir pola radio os seus participantes. O luns dia 29 de xuño acaba o curso e Radio Fene retransmitirá en directo esa última sesion no 107.7 da FM ou en radiofusion.eu

Cultura

Publica o teu comentario agora