Salvador Dalí e o Camiño de Santiago

Salvador Dalí e o Camiño de Santiago

22 de Xullo, 2017 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Salvador Dalí quería levar a cabo un proxecto de peregrinación a Santiago de Compostela acompañado de John Lennon e dun cento de hippyes, segundo relata o seu amigo e escritor Antonio D.Olano. A morte de Lennon frustrou o proxecto do pintor de Cadaqués.

Salvador Dalí foi un dos artistas máis activos do movemento surrealista, ao que se incorporou en 1929. O pintor catalán asociaba imaxes arbitrarias coa vontade de querer plasmar sobre o lenzo o irreal: o soño. En 1940,rasladouse aos Estados Unidos , onde se dedicou a autopromoverse e a crearse unha imaxe de personaxe extravagante e orixinal, que o acompañaría toda a vida. Creou obxectos delirantes, traballou na ilustración de libros, no teatro e no cine, colaborando con Luis Buñuel, Walt Disney e Alfred Hitchcock.

Cultura