Salvar a NOA

O BNG levará ao Parlamento Galego o ERE de NOA, ubicada no polígono de Vilar do Colo
07 de Novembro, 2018 - 01:06 h. | Publicada por Radio Fene

O BNG rexeita o anuncio de ERE na empresa NOA-MADEIRA, e presentará iniciativas nas diferentes institucións, na defensa dos postos de traballo. Unha representación do Consello Comarcal do BNG mantivo onte unha reunión co Comité de Empresa.

Unha representación do Consello Comarcal do BNG, na que estaba a súa responsábel comarcal, Mercedes Tobío, o deputado provincial Xesús Soto e os portavoces municipais do BNG en Fene e Cabanas, Juventino Trigo e Iago Varela, mantivo unha reunión co Comité de Empresa de Noa Madera para analizar a situación que se está a viver co anuncio por parte da empresa da presentación dun ERE estintivo que afectaría a máis de 100 traballadoras e traballadores. No decurso do encontro, a representación do CE explicou que a situación parte da absorción de Noa Madera por parte do grupo Malasa –que ten como cliente prioritario a Inditex- o pasado mes de Agosto, e que o anuncio dun posíbel ERE non está baseado en problemas de produción, senon máis ben nun intento da actual propietaria de ameazar co ERE extintivo para, en realidade, facer unha precarización das condicións laborais para obter máis beneficios a costa das traballadoras e traballadores.

Estamos a falar dunha empresa que, ademáis, conta cunha plantilla cunha media de idade moi nova do entorno do conxunto da comarca, sendo da maioría dos casos persoas que accederon aquí ao seu primeiro posto de traballo, polo que o impacto na xa deteriorada economía comarcal sería considerábal -dado que non falamos só dos postos directos da empresa, senón dos que derivan da actividade que desenvolve- ademáis de deixar desprotexidas a centos de familias.

O BNG comarcal, á vista desta situación, expresa a súa rotunda oposición non só a calquera tentativa de levar a cabo un inxustificado ERE extintivo, senón tamén a que se perda calquer posto de traballo ou se precaricen as condicións laborais da plantilla. Nese sentido, levaránse mocións –na liña da que xa foi aprobada en Fene- aos diversos concellos da comarca e, ademáis, mañá xoves día 8 desprazaráse á comarca a deputada do BNG no Parlamento Galego e responsábel da área de industria, Noa Presas, co obxecto de articular iniciativas a presentar no Parlamento Galego para que se posicione na defensa dos postos de traballo.

Sociedade

Publica o teu comentario agora